Orientación familiar

Compartir

Prestación do servizo de orientación familiar

Definiremos a orientación familiar como un proceso de axuda, encamiñado a facilitar unha dinámica familiar positiva, a solución de problemas e a toma de decisións, ademais de potenciar e desenvolver os recursos familiares. Pretende fortalecer e enriquecer o benestar e a calidade de vida das persoas no seo familiar e da familia como grupo.

Tratará todos os problemas que poidan xurdir nunha familia e por extensión nos membros que a compoñen, destacando:

  • Crises do ciclo vital da familia.
  • Situacións de conflito.
  • Viabilidade adaptativa do grupo familiar: apoio, protección e desenvolvemento.

E terá especial atención coa vulnerabilidade dos fillos.

Funcións:

  • A nivel informativo, no senso de favorecer unha mellor comprensión do medio e dos recursos sociais a disposición da familia.
  • A nivel educativo, proporcionando aos pais os medios necesarios para un desenvolvemento integral das súas funcións.
  • A nivel de asesoramento ou preparación ante as distintas etapas ou situacións polas que pasan as familias no seu ciclo vital.
  • A nivel de tratamento e solución de conflitos, co fin de superar os dinamismos disfuncionais das familias, facendo posible o seu progreso e a súa adaptación.

 

Gabinetes de Orientación Familiar

Provincia Localidade Enderezo Teléfono Correo
A Coruña A Coruña Rúa Salvador de Madariaga, nº 9. 1ª planta - 15008 981185757  
Lugo Lugo Ronda da Muralla, 70 | 27071 982294371  
Ourense Ourense R/ Sáenz Díez, 39 baixo - 32071 988386128  
Pontevedra Vigo Concepción Arenal, 8, 1 planta | 36201 986817085