INEGA: Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III)

05/08/2021
Compartir

Obxecto: A convocatoria de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Europeo, publicado no BOE núm. 89, do 14 de abril de 2021 (código de procedemento IN421R, presentación de solicitudes), así como o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN421Q, adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión).

Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

  • Programa de incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible (en diante, Adquisición de vehículos eléctricos).
  • Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
  • Persoas físicas.
  • Comunidades de propietarios.
  • Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.
  • Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.

Forma de presentación das solicitudes

  • Programa de incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos.

Neste caso a solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras, excepto cando o solicitante sexa o sector público, que poderá solicitar directamente.

  • Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

As solicitudes faranse a través de empresas con actividade de instalación de baixa tensión, que actuarán como entidades colaboradoras, salvo cando o beneficiario sexa o sector público ou empresas con actividade de estacións de servizos que poderán solicitar directamente.

Prazo para presentar as solicitudes do programa de incentivos 1.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 13 de setembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

Contía da axuda

A contía das axudas para cada unha das actuacións ven establecida no anexo III do Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se regula o Programa de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) publicado no BOE núm. 89, do 14 de abril.

Data inicio solicitude
13/09/2021
Data fin solicitude
31/12/2023