Política Social: axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil

13/08/2021
Compartir

Obxecto: Convocar, para o ano 2021, as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución clase B e de 650 € para o permiso clase C. O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas mozas que na data de presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

  • Teñan feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso clase C, e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
  • Estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estean inscritas no SNGX e figuren como persoas beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estean matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentaren a solicitude ou ben teñan o/os permiso/s para o/os que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
Data inicio solicitude
14/08/2021
Data fin solicitude
13/09/2021