Emprego e Igualdade: Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social

18/08/2021
Compartir

Obxecto: Apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante fórmulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de Covid-19 e a impulsar a actividade económica.

O programa inclúe catro liñas de financiamento cun máximo de 50.000 euros por entidade beneficiaria. A primeira liña de axuda establece apoios de ata 40.000 euros para investimentos vinculados coa adquisición de activos esenciais para o óptimo funcionamento da nova entidade; a segunda liña establece unha axuda máxima de 10.000 euros para os asesoramentos precisos para o cumprimento das obrigas legais e do proceso de planificación e valoración económica previo ao proceso de transformación; a terceira liña prevé unha axuda máxima de 10.000 euros para o desenvolvemento de servizos de profesionalización, planificación e plans estratéxicos; e a cuarta liña establece unha axuda máxima de 10.000 euros para o financiamento dos gastos correntes en que incorra a entidade beneficiaria nos doce meses seguintes á súa constitución.

Entidades beneficiarias

As sociedades laborais e cooperativas, previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan no artigo 6 da orde.

Data inicio solicitude
19/08/2021
Data fin solicitude
30/09/2021