Cultura, Educación e Universidade: axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Compartir

Obxecto: Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

 Persoas beneficiarias:

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2021/22, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2021, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
  • O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberase corresponder co idioma oficial do país elixido.

Período e dotación da axuda:

As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2022, ambos incluídos.

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14 de marzo.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria