Cultura, Educación e Universidade: axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2021/22, teña dificultades económicas para continuar estudos

Compartir

Obxecto: convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2021/22, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos, motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos das persoas solicitantes

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

  • Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
  • Que a situación sobrevida e imprevista aconteza durante o actual curso académico 2021/22. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2021 e o 30 de xuño de 2022.
  • Estar matriculado, no curso académico 2021/22, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a quen lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, multiplicada por 1,80.
  • Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida e, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2022.

 

Solicitude e tramitación en liña (Procedemento ED433A)

 

Convocatoria