Cultura, Educación e Universidade: bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios

Compartir

Obxecto: convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 164 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar (código de procedemento ED441B).

Período e dotación da bolsa

  1. O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2021/22.
  2. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.

Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2020/21 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
  • Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario de Galicia).
  • Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

Forma e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro.

 

Convocatoria

Solicitude e tramitación en liña