Turismo: bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Compartir

Obxecto: Convocar as bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2021/22.

Conforme as titulacións que se imparten no CSHG a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2021/22:

  • 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
  • 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
  • 3 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

As bolsas serán de dous tipos, ao abeiro do disposto no artigo 6.2 da Orde do 4 de xullo de 2014, modificada pola Orde do 3 de outubro de 2019:

  • Tipo I. Supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
  • Tipo II. Supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.

Persoas beneficiarias

1. Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2021/22, no seu primeiro curso.

2. No caso de que non se outorguen a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2021/22, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas, salvo o de cursar o primeiro curso.

En todo caso só poderán obter bolsa neste suposto, os alumnos/as que non obtivesen bolsa en ningunha ocasión anterior e superen o curso nas convocatorias de xuño a excepción do stage.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de agosto

Solicitude e/ou tramitación en liña

Convocatoria