Publicacións

Este conto forma parte do proxecto educativo Memi: unha gota de aire. Está coeditado pola Fundación Igualarte e a Consellería de Política Social. Trátase dunha recompilación de contos nos que Memi é a protagonista. A través de delicadas ilustracións e coidados textos Memi relátanos en primeira persoa as sensacións do mundo que lle rodea.
A presentación da conselleira que acompaña a edición destes contos invítanos á súa lectura en familia e incide na importancia do fomento da lectura desde a infancia.

Estrategia Gallega para la Infancia y Adolescencia (EGIA) 2018-2020

A Estratexia Galega para a Infancia e Adolescencia (EGIA) 2018-2020 é un instrumento de planificación das políticas de benestar que a Xunta de Galicia impulsará nos vindeiros anos, dirixidas ao conxunto de nenas, nenos e adolescentes que residen na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nutriage: Manual de identidad corporativa

Vén de publicarse o Manual de identidade corporativa de Nutriage, proxecto que nace co obxectivo de asegurar o envellecemento saudable da poboación a través dunha alimentación baseada na dieta atlántica.
Nutriage: Manual de identidade corporativa / Danagroup. – Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, 2017, 22 p.

Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias

Vén de publicarse en coedición con Bolanda una nova guía dos bolechas  que nos introduce no mundo da acción voluntaria.
Os bolechas aprenden a ser persoas voluntarias / Ilustracións e textos, Pepe Carreiro. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e Bolanda, 2017. 32 p. : il. cor ; 15 x 21 cm.

TDAH e terapia ocupacional

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e a Fundación Ingada acometen unha nova liña de colaboración co lanzamento do núm. 1 da colección Convivir co TDAH.

Guía de asesoramiento familiar

Sae á luz o número 2 da colección Convivir co TDAH dedicado ao asesoramento das familias afectadas por este trastorno.

Marola e os celtas

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica preséntanos este conto infantil no que se pon de manifesto a importancia das relacións avós/netos na transmisión de valores.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Guía para la detección del maltrato infantil

A Guía para a detección do maltrato infantil ten como obxectivo principal procurar a comunicación e a denuncia de todo caso de malos tratos á infancia contando coa imprescindible colaboración dos profesionais e responsables da educación e da protección dos nenos. Permite identificar posibles situacións de malos tratos e notificalas aos servizos de familia, infancia e menores das delegacións provinciais da Consellería de Traballo e Benestar, co obxecto de verificar a existencia de maltrato e se é o caso emprender as accións necesarias.

Familia, coidados e traballo non remunerado. O uso do tempo nos fogares de Galicia

Estudo elaborado a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela no que se analiza o traballo doméstico e de coidados que non ten contrapartida monetaria inmediata.